EXPERIMENTANDO COA LUZ E AS CORES

O catedrático da Escola de Minas da Universidade de Vigo, D. José Benito Vázquez Dorrío, imparte unha charla sobre luz e cor para o alumnado de Física e Química de 4° de ESO.

Para comezar explicoulles algúns conceptos básicos como a lonxitude de onda ou o espectro electromagnético. Logo deu paso a unha serie de experimentos en vivo sobre a percepción da cor e a influencia da luz sobre como vemos a realidade. Tamén animou ás nosas alumnas a facer carreiras técnicas dada a baixa presenza da muller nestes estudos.

Agardamos que esta primeira experiencia on-line teña continuidade en cursos vindeiros de forma presencial.

Desde o colexio queremos agradecer á Escola de Minas e, en particular, a José Benito pola súa dispoñibilidade e colaboración.

Acceso á charla completa.