13 ANOS QUE DERON PARA MOITO

O alumnado de 4º de ESO celebrou o seu acto de "graduación" o pasado venres 18 de xuño acompañados dos seus pais e nais no salón de actos do noso centro.

Guiado polos presentadores Eva e Antón comezou cunha actuación musical de Elena.

Logo foron Carla e Elena as que se dirixiron aos asistentes lembrando o seu paso polo colexio, agradecendo o labor do profesorado e recoñecendo que, a pesar das limitacións provocadas pola pandemia, éste foi o mellor curso das súas vidas.

A continuación foi a Directora quen se dirixiu aos asistentes para agradecerlles ás familias ter confiado no centro a educación dos seus fillos e para desexarlle ao alumnado o mellor para o seu futuro. Este discurso deu paso á entrega de diplomas e bandas que tanto ansiaban todos/as.

Para rematar proxectouse un vídeo, elaborado por Pablo, resumo destes 13 anos de aprendizaxe, crecemento, amizade, anécdotas e boas experiencias.