8 DE MARZO

Para conmemorar este día e reivindicar a igualdade entre nenos e nenas, mulleres e homes, realizamos diversas actividades.
Como cada 8 de marzo desde o ano desde o ano 1.875, celébrase o Día da muller no que se reivindica a igualdade de xénero. Foron diversas as actividades realizadas nas distintas etapas. Os mais cativos, adornados cun lazo morado, escoitaron o conto de "Daniela Pirata", visionaron vídeos e curtos para sensibilizalos na igualdade. En Educación Primaria as mulleres importantes da nosa historia fixeron pensar ao alumnado que todos e todas somos importantes. Un concurso de carteis na etapa da ESO, deixou voar a creatividade e habilidade para facer conciencia social e así potenciar a igualdade de xénero.