PARLAMENTO XOVE

Esta fin de semana, o noso colexio tivo o pracer de participar nos debates organizados por Xuventude Galicia de Parlamento Xove.
"Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente?” foi a cuestión que tiveron que defender os nosos alumnos de 4º ESO: Ángela, Pablo, Marina e Rubén.
A dificultade desta actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo: ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.
Os catro alumnos debateron contra: o SEK-Atlántico, CPR Maristas e IES Val do Tea, saíndo vitoriosos deste último. Sen dúbida esta foi unha ocasión de formarse máis aló das aulas baixo o paraugas do repecto, a tolerancia e a escoita. Ángela, Pablo, Marina e Rubén contaron cos ánimos dos seus compañeiros, familiares e profesores que están moi orgullosos polo esforzo destes meses e polo ben que o fixeron.