BRAULIO, O BOLECHA YOUTUBER, VISITA O COLEXIO

O Bolecha máis dixital visita o noso centro.

Os nenos e nenas de terceiro recibimos hoxe unha visita moi especial. Braulio, un dos irmáns dos Bolechas, está a facer un novo programa para a TVG chamado BRAULIOTUBER e escolleu o noso colexio porque está moi interesado no proxecto de Dinosaurios que estamos a levar a cabo. Fíxonos moitas preguntas sobre o tema e o ben que o pasabamos investigando e aprendendo. Disfrutamos moito coa súa compañía. Grazas e ata pronto Braulio.