COÑECENDO A NOSA CONTORNA: SANTA MARÍA DE DARBO

O pasado venres 28 de Setembro os nenos e nenas da terceiro de primaria recibiron ó outono cunha visita a Santa María de Darbo.

Coas pilas ben cargadas saíron do colexio dispostos a disfrutar do que era a primeira saída do curso: unha andaina de outono que os levaría á popular igrexa de Santa María de Darbo. Nos arredores da igrexa descubriron a fonte dedicada á Virxe e o cruceiro,  xogaron á búsqueda do tesouro no que costruíron por equipos as súas propias árbores e, ó final, ata atoparon a pel dunha serpe recén mudada! Toda unha mañá de emocións para dar a benvida á nova estación.