SAÍDA CULTURAL NA CIDADE DE VIGO

O pasado xoves 11 de outubro, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria pasaron o día en Vigo.

 Nada máis chegar fixeron unha divertida foto con Dinoseto e o seu fillo. De seguido, 5º foi ó MARCO, onde unha estupenda guía mostroulles a exposición, chamada “Xulio Verne: Os límites da imaxinación”: a súa vida, as súas obras máis recoñecidas, os personaxes, a relación da cidade de Vigo co autor e a súa obra, os aparellos que “inventou” e moitas cousas máis. Mentres, 6º deu un paseo pola contorna e merendou. Despois, ambos grupos intercambiaronse.
Ó rematar, cruzaron o Casco Vello para gozar dun xantar todos xuntos.
Trala comida e un momento de ocio,  emprenderon a marcha de volta ao Centro.
Un día interesante coñecendo a un escritor de sona mundial.