PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO "CIES PARAISO DE TODOS"

Premio á creatividade para Iván Costas Gil, alumno de Segundo de Educación Primaria..

Iván foi o gañador, na súa categoría, do IV concurso de debuxo e poesía “Cíes. O paraíso de todos”. Nel participaron alumnos de primaria de toda a provincia de Pontevedra. A entrega de premios tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo, coa presencia do Alcalde da cidade, Abel Caballero e Pedro Costa, xerente de Faro de Vigo, entre outros. PARABÉNS IVÁN!