CONSELLO DA INFANCIA 2018

O Consello da Infancia retoma a súa andadura neste curso 2018-2019.

O 20 de novembro, coincidindo coa Día Mundial da Infancia, retomamos novamente a actividade no presente curso coa presencia do Alcalde de Cangas, o concellal de Deportes, a representación da Oficina Municipal da Xuventude e tamén do Inspector da Policia Local de Cangas. 
Nesta ocasión, a reunión de todos os rapaces representantes de todos os centros educativos do Concello de Cangas, deu moito de si e ademais de servir como presentación dos novos integrantes de cada centro, tamén tivo como finalidade facer chegar ós responsables do Concello as necesidades e melloras que os propios nenos ven en todo o referente a súa vida académica e como cidadáns da vila.
Claramente o futuro do Morrazo vai a estar en mans dos que agora aínda son nenos. Facelos partícipes da vida social, dotándoos dun espírito crítico e emprendedor é o mellor xeito de formar e construír unha sociedade mellor.