DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Unha pequena representación do colexio, quixo este día tan especial, unirse a unha concentración realizada en Vigo que tiña como lema “Baixo o mesmo paraugas”.

Con esta iniciativa preténdese reivindicar unha sociedade máis xusta e plural, onde todas as persoas sexan consideradas como cidadáns de pleno dereito.

Moitas foros as palabras escritas este día, pero destacamos un fragmento das que escribiu Olga Lalín; “Todas as persoas nacemos iguais en dereitos e dignidade, mais as persoas con diversidade funcional ou discapacidade seguen a sufrir a día de hoxe discriminación ao longo das etapas da súa vida por mor da súa condición, xa que son un colectivo vulnerable á violencia que se expresa en moitos e diversos xeitos da vida diaria.”