CHARLA CIBERBULLYING

O 5 de febreiro e coincidindo co Día Internacional da Internet segura, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria recibiron unha charla do psicólogo Javier Lago sobre ciberbullying.

Aprenderon a identificar os posibles casos de acoso que poidan darse tanto na rede coma no seu día a día e a como actuar no caso de sufrilo ou ser testemuña de que alguén o está padecendo. Do mesmo xeito tamén se falou dos problemas cos que se atopará o acosador. 
Internet é un medio moi útil á vez que perigoso e hai que saber manexalo con precaución.