VEGALSA COAS MANS NA MASA

 Os alumnos de 3º de primaria do Colexio Compañía de María de Cangas recibiron onte a visita de  Vegalsa Eroski para levar a cabo o obradoiro de alimentación saudable baixo o lema “come rico, vive san”, enmarcado dentro do proxecto de Faro da Escola.

Cunha pequena introducción  presentaronlles “o plato Harvard”, que consiste na división do mesmo en tres partes: a metade consta de froitas e verduras e a outra, á vez dividida en dous, en hidratos de carbono e proteínas.

A continuación, tras equiparse con gorro e mandil, ó estilo da alta cociña, puxéronse mans á obra.

Coa axuda da nosa convidada experta,  os alumnos comezaron a ler a receita para posteriormente elaborala, coñecendo así os ingredientes necesarios.

A receita final consistiu nunha filloa salgada, para a que necesitaron picar ovo cocido, queixo fresco e tomate "cherry". Despois da preparación do prato, que con moita dedicación os pequenos chefs crearon, puideron degustalo con moita satisfacción por un traballo ben feito.

Unha  forma moi divertida e práctica de achegar ós escolares os diferentes tipos de alimentos e as súas propiedades, como tamén de tomar conciencia da importancia de levar unha vida saudable: comer san e equilibrado, beber unha cantidade abundante de auga, facer deporte e durmir ben.