QUINTOS VISITAN CAMPOLAMEIRO

Os alumnos de quinto de Educación Primaria celebraron do mellor xeito posible a chegada da primavera nun entorno privilexiado: "O Centro de Interpretación de Arte Rupestre" en Campo Lameiro.

Un lugar onde se mestura cultura, aprendizaxe e natureza, nun marco incomparable que desde hai anos fai un grande esforzo por conservar unha parte clave da nosa historia.
 
Un pracer para  os sentidos!