EXCURSIÓN DE CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Cuarto de Educación Pirmaria visita as instalacións de Clesa e da Área Recreativa do Río Barosa en Barro.

Hoxe o alumnado de cuarto de Educación Primaria visitou a fábrica de Clesa da man duns guías moi especiais: dous ilustradores que non soamente lles contaron como se desenvolve o proceso de elaboración dos iogures, senón que lles deron algún que outro truquiño para que cada un deles debuxara a súa propia vaca frisona dun xeito sinxelo á vez que orixinal.

Unha vez rematada a visita puxeron rumbo aos muíños de Barosa, onde logo de xantar comezaron a investigar as curiosidades da zona e a desfrutar, rodeados de natureza, da xornada de sol que os acompañou.