EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Por terceiro ano consecutivo os alumnos e alumnas do noso colexio sumáronse á celebración do Día da Educación Física na Rúa. 

O pasado venres 26 de abril os alumnos e alumnas de terceiro de primaria non quixeron deixar pasar a oportunidade de facer un pouco máis visible a importancia que ten a adquisición de hábitos de vida activos e saudables, participando nunha sesión de Educación Física na Alameda de Cangas.
 Co gallo da IX edición do "día da Educación Física na rúa" (que se ven celebrando a nivel nacional desde o 2011)  os nenos e nenas quixeron amosar a importancia que ten esta materia para a loita contra o sedentarismo e a obesidade dando a coñecer a visión actual Educación Física: integradora, variada e divertida. Poñendo de manisfesto ademais, mediante os diferentes xogos e actividades que fixeron, todos os valores que a práctica físico-deportiva axuda a potenciar: esforzo, autosuperación, cooperación, empatía...
Actualmente este día reúne a estudantes, profesores e voluntarios de toda España e fainos protagonistas nas prazas e rúas dos pobos e ciudades, baixo o lema "estilo de Vida Activo para tod@s  e  para sempre", xuntando nesta ocasión a máis de 73.500 alumnos e alumnas ó longo da xeografia de España.