UN ACUARIO EN EDUCACIÓN ESPECIAL

A aula de Educación Especial converteuse por uns días nun acuario.

Peixes, polbos, luras, estrelas de mar e ate algunha sirea coáronse na aula, xa que os alumnos, están a coñecer e a aprender que segredos esconden as profundidades mariñas. 
Ao redor desta actividade, realizaron tamén unha saída ao mercado de Cangas para ver eses peixes e mariscos en directo, as peixeiras, moi amables, dixéronlles os nomes e mostráronlles as diferentes especies que tiñan á venda.
Para completar a mañá, realizaron unha breve visita á lonxa e contemplaron os barcos de pesca do porto de Cangas.
Deixamos aquí a ligazón a unha canción moi marchosa sobre o fondo do mar que adaptaron con pictogramas.