DESCUBRINDO OS MISTERIOS DA NOSA RÍA

Os alumnos de 5º de Primaria visitan a illa de San Simón.

Os tesouros, como as meigas, habelos hainos. Diso saben os alumnos e alumnas de 5º de primaria que descubriron un ben interesante dentro da Ría de Vigo. Tráxicas historias e aventuras de piratas ateigan estas pequeñas illas chamadas San Simón e San Antón.