DAMOS A BENVIDA AO OUTONO

Os nosos alumnos de 5° dan a benvida ao outono da man de Primitiva.

Facendo un percorrido polos nosos patios, ensinoulles, chea de ledicia, os seus coñecementos e a riqueza dos mesmos. Hoxe comezamos polos arbustos, flores e froitos... resultando ser unha sesión de natureza do máis significativa.

Os alumnos convertéronse en reporteiros fotográficos,  redactores e... Haberá máis episodios. Non vos perdades esta emocionante aventura!