PROGRAMANDO O FUTURO

O noso centro participa estes días na Semana da Programación da Unión Europea con actividades para tódolos cursos.

Impulsado polo Equipo TIC, todo o Colexio está inmerso estes días nunha iniciativa de base respaldada pola Comisión Europea: a CODE WEEK (Semana da Programación). Con ela preténdese achegar a programación e o alfabetismo dixital dun xeito divertido e intersante.

As accións programadas van desde a iniciación á robótica en Ed. Infantil e primeiros cursos de Primaria, creación de páxinas web en 6º de Primaria ou programación de videoxogos educativos en Secundaria. Unha iniciativa coa que pretendemos despertar no noso alumnado o interese pola robótica e a programación así como coñecer as súas posibilidades.

Dada a estupenda acollida que tivo no noso claustro esta proposta, seguro que esta Code Week vai ser todo un éxito!