SAMAÍN 2019

Un ano máis, o noso alumnado abre a porta ó Samaín coas súas cabazas, disfraces e historias para non durmir.

Coa chegada do Samaín, segundo a cultura celta, dase por rematada a tempada de recolección das colleitas e o comezo da estación escura. Naquela época, dábase comezo ó "Ano Novo Celta" e as vilas tinguíanse de festa ó longo de tres días de celebración. Asi o concepto de transición dun ano a outro tomaba sentido. Do mesmo xeito, tamén se consideraba un momento de apertura ó outro mundo, idea que segue perdurando na nosa cultura actual co Día de Difuntos.

Para os nenos queda a versión máis lúdica e de achegamento ó escuro e tebroso, coas historias propias deste día, que fan que as horas da tarde e da noite sexan moi agardadas por todos.