NENA MARÍA 2019

Este 21 de novembro celebramos, como en tantos e tantos lugares do mundo nos que a Compañía de María ten presenza, a Festa da Nena María.

Debido á climatoloxía este ano non puidemos facer a procesión polo patio. Houbo que circunscribir a celebración relixiosa á capela do centro. O lema que presidiu dita celebración foi o da "ESCOITA", co que xa estamos traballando nas titorías coordinados polo Departamento de Pastoral. Pola tarde, con mellor tempo, fixemos un Magosto. Tamén houbo xogos nas clases e no patio para todos.

Como podedes apreciar nestas fotografías foi un día cheo de actividades e diversión.