ENTREGA DE PREMIOS: "CÍES O PARAÍSO DE TODOS"

As nosas alumnas Minerva Rueda e Daniela Collazo resultaron gañadoras nas súas respectivas categorias deste concurso que pretende promocionar as Illas Cíes. 

Recentemente alumnos de Educación Primaria participaron no concurso "Cíes o paraíso de todos", organizado polo Faro de Vigo. Presentaron numerosos debuxos e maquetas de gran calidade, tanto na categoría individual como colectiva. Este luns celebrouse a entrega de premios no Museo do Mar en presenza dos representates do periódico e do alcalde de Vigo. Un acontecemento que fixo as delicias das nosas alumnas e co que reciben un merecido recoñecemento ás súas obras.

¡Parabéns para elas e todos os participantes!