DISTINTXS... SOMOS TODXS

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Desde o colexio foron distintas as actividades que se realizaron ó redor deste día.

Os máis pequenos visualizaron o conto de Elmer, o elefante multicolor, e realizaron o seu propio elefante. Nos cursos de Primaria, dous alumnos da aula de Educación Especial fixeron a lectura do conto de Mariluna co método do Kamishibai, un antigo sistema xaponés de contar contos. Posteriormente realizaron unha actividade manual conxunta ó redor do conto.

Finalmente para os maiores do colexio proxectouse o conto de Mariluna con pictogramas, realizado coas voces de nenos do colexio que podedes ver aquí:

Como di o panel que se pode ver na portería estes días, DISTINTXS, SOMOS TODXS.