MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS

A mediación entre iguais é un método alternativo de resolución de conflitos, onde existe un terceiro (alumno/a mediador ou mediadora) que colabora coas persoas involucradas no problema.

Trátase de axudalas a mellorar a comunicación entre elas para que intenten atopar unha solución.

Durante catro meses, alumnos e alumnas de 5º de Ed. Primaria, estiveron recibindo formación para poder realizar de forma axeitada a función de mediador entre iguais. Un diploma acreditativo fai constar que souberon aproveitar esta formación de forma satisfactoria. Despois de pasar por todas as clases para informar aos seus compañeiros sobre que é a mediación, esta semana  comezarán nos recreos de primaria a realizar as mediacións que se lles soliciten, promovendo así un marco de relacións pacíficas entre o alumnado que logo poden trasladarse aos diferentes ámbitos da vida cotiá.