DUMBO CONTADO CON PICTOGRAMAS

Coa coordinación e os pictogramas da Aula de Educación Especial e as voces dos nenos e nenas de 3º de Primaria, elaboraron esta adaptación do conto "Dumbo" para facelo máis accesible.

Está demostrado e comprobado que os apoios visuais facilitan a comprensión de textos, non só para alumnos con dificultades, ou de máis curta idade, senón para todos en xeral. Desde a aula de Educación Especial xa son varios os contos, cancións e textos que se están adaptando con pictogramas. O último destes contos foi o do famoso e entrañable elefante Dumbo e para iso contaron cuns lectores de luxo. Os alumnos e alumnas de terceiro de primaria do Colexio, poñen voz ao vídeo que podedes ver na seguinte ligazón.

https://www.youtube.com/watch?v=EgKdRtbEmjg

Para agradecer a súa colaboración e lograr así que os contos sexan accesibles a todos, foron obsequiados cun marca páxinas, despois de disfrutar do resultado final do vídeo-conto de Dumbo. Esperamos que do mesmo xeito que o fixeron eles, disfrutedes deste tenro conto.