ESTE ENTROIDO PUXÉMONOS DE MODA

Coa temática das tribus urbanas desfilamos polo centro do noso pobo poñéndolle cor, música, humor e moitas gañas a este comezo de Entroido.

Infantil escolleu a moda máis rockeira e desfilaron coas súas guitarras eléctricas e micrófonos. 1º e 2º de Primaria fixéronnos voltar aos anos 60 cos hippies, mentres 3º e 4º optaron por unha estética máis actual como a dos hipsters. As súas sudadeiras, cadeas e os enormes aparatos de son ás costas non deixaban lugar a dúbidas: 5º e 6º iban de rapeiros. Bastante máis tétricos e escuros desfilaron os de 1º e 2º de ESO, como correspondía ao seu disfraz de góticos. Pero a gran pregunta deste Entroido foi: ¿de que van disfrazados os de 3º e 4º de ESO? Apareceron coas súas camisetas e pantalóns "multimarca fake" na procura da prenda máis cara e moi preocupados polos "likes" en Instagram. Tratábase dos "hypebeast" tan recoñecibles entre os mozos e mozas como descoñecidos para os maiores.

Aquí vos deixamos o vídeo do noso paso polo centro de Cangas e o final das actuacións na Praza da Palma: