ARQUITECTOS POR UN DÍA

 O alumnado de 6° de Primaria tivo o privilexio de aprender a facer o plano do seu propio cuarto cun auténtico profesional.

O arquitecto Javier Rial Lemos pasouse polo noso colexio para impartir unha charla para que as alumnas e alumnos de 6º aprenderan a facer e a interpretar un plano.

Chamoulles moito a atención que os planos sexan unha liguaxe internacional non verbal, é dicir, que cualquiera persoa, sexa do país que sexa, saberá interpretalo. Ensinolles tamén a debuxar obxectos como portas, ventás, armarios, camas, estanterías, mesas, ... Finalmente amosoulles, empregando o encerado dixital, varios modelos de planos a diferentes escalas e puderon comprobar que un plano debe plasmalo todo: cables eléctricos, enchufes ou interruptores.
Queremos dar as grazas a Javier por adicarlles parte do seu tempo. Aprenderon moito e agora síntense preparados para facer o plano do seu cuarto e para ser "arquitectos por un día".