O UNIVERSO NA AULA

O alumnado de Física de 4º de ESO tivo unha sesión de Astronomía utilizando as ferramentas TIC.

Durante esta clase, antes da suspensión, puideron observar o firmamento a través dunhas gafas de realidade virtual, coñecer o funcionamento e a utilización dun telescopio, manexar un planetario de escritorio para planificar unha observación nocturna ou utilizar apps móbiles para recoñecer as constelacións.

Agora agardan poder saír unha noite de observación para poñer en práctica o aprendido.