LISTAXES DE ADMITIDOS E MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO

Acabamos de publicar as listaxes provisionais de admitidos e os prazos de matrícula para o curso 2020-21.

Xa están na portería do colexio as listaxes provisionais de admitidos pero o colexio chamará a cada familia persoalmente para comunicarlle a resolución e non teñan que achegarse ao centro. As listaxes definitivas publicaranse antes do 26 de xuño.

O alumnado admitido en Primaria e Secundaria, pode pasar polo centro a recoller o formulario de solicitude de axudas para os libros de texto e material para o curso que vén. O prazo remata o 19 de xuño.

Actualización do 25 de xuño:

  • Publicadas as listaxes definitivas.
  • Todas as solicitudes presentadas foron aceptadas.
  • Prazo de matrícula: do 1 ao 10 de xullo.

Tedes toda a información sobre datas e documentos de matrícula neste documento.