COMPAÑÍA DE MARÍA DE CANGAS FINALISTAS DE GALICIENCIA

Por segundo ano seguido, os alumnos de 6º de Primaria logran chegar á unha final da feira científica Galiciencia.

Concretamente no concurso "Participa no desafío", cuxo lema era este ano "atrévete coa innovación do futuro". De tres grupos finalistas, dous son do noso colexio:  "Os unicornios científicos" (Aroa Arecón, Miguel Fernández e Alma del Río) e "Científicamente locas" (Daniela Leiró, Jimena Nieto e Raquel Rial). 
Para conseguilo, tiveron que entrevistar a familiares sobre temas científicos ou demostrar todo o seu inxenio utilizando apps de realidade aumentada, realidade virtual, fotos en 360º...
Pola emerxencia sanitaria, a gran final trasládase a unha data ainda por determinar a comezos do próximo curso.
Noraboa rapaces e rapazas!!!