CALENDARIO E NORMAS PARA OS EXAMES DE SETEMBRO

Dada á situación actual o alumnado que acuda a estas probas debe seguir estas indicacións:

  •  Aqueles alumnos que non  teñan entregado os traballos de recuperación (por Classroom, Drive ou correo electrónico) ós profesores correspondentes o día 1 de setembro antes das 10.00 horas, poderán entregalos en formato papel no momento do exame, como última oportunidade.
  • Os alumnos que teñan libros de préstamo, deberán entregárllelos ó profesor correspondente no momento do exame.

 

NORMAS COVID-19

  1. Todos os alumnos deberán tomar a temperatura antes de saír da casa. Se se ten febre ou algún dos síntomas da Covid-19, non se poderá vir ó colexio a facer o exame.
  2. É necesario chegar ó centro 10 minutos antes da hora de inicio do exame.
  3. Todos os alumnos traerán posta a  máscara. Non se poderá entrar no centro sen ela, xa que é  de uso obrigatorio en todo momento.
  4. A entrada farase polo portalón e a saída do exame, por portería.
  5. Ó entrar no centro cada alumno desinfectará  as mans con xel hidroalcohólico (proporcionado polo centro) e  subirá á aula de exame, situada no segundo andar da ESO, sempre pola dereita e gardando a distancia de seguridade (2 metros) . Evitarase tocar o pasamáns, portas,  paredes e teitos coas mans.
  6. Despois de rematar o exame e antes da saída do centro, os alumnos volverán desinfectar as mans con xel hidroalcohólico
  7. Cada alumno traerá o material indispensable para a realización do seu/ seus exames (bolígrafos, lapis, goma, regra, escadra e cartabón, calculadora, tipex, dicionario...). Está prohibido compartir o material entre os alumnos, polo que é mellor que se traia algún de reposto.
  8. Cada alumno terá asignado un pupitre para a realización de todos os seus  exames
  9. Cómpre que cada alumno traia a súa botella de auga por se a precisa. Non se poderá beber nos baños nin reencher as botellas con auga.

 

DATAS DE INTERESE:

  • ENTREGA DE NOTAS: VENRES 4 DE SETEMBRO ÁS 12.00H
  • ATENCIÓN TELEFÓNICA ÁS FAMILIAS: LUNS 7 DE SETEMBRO DE 09.00 A 11.00H.
  • ENTREGA DE CERTIFICADOS PARA 4º DE ESO: LUNS 7 DE SETEMBRO ÁS 12.00H
  • DATA COMEZO DE CURSO 2020-21: 16 DE SETEMBRO ÁS 9.30 HORAS