UN FERMOSO AGASALLO

Agradecemos enormemente a Fili e a María, avó e nai dunha alumna do noso centro, este fermoso agasallo que nos trouxeron esta mañá.

O atril, foi feito por el de xeito artesanal con parte da madeira dos piñeiros caídos o ano pasado no Patio da Virxe.
Grazas ó seu marabilloso traballo, sempre nos lembraremos daquelas  árbores baixo a sombra das cales  tantas xeracións de alumnos e alumnas gozaron do seu tempo de lecer.