UNHA NENA MARÍA CON MOITA "CORPAIXÓN"

Con moitas limitacións pero con máis emoción, se cabe, celebramos este 20 de novembro a festa da Nena María.

Este ano, polo motivo que todos coñecemos, non tivemos eucaristía conxunta, nin procesión, nin magosto, nin moitas outras cousas que forman parte das nosas tradicións. Pero a COVID-19 non foi quen de impedir que nos achegásemos á Nena María para homenaxeala e levarlle as nosas flores. Por cursos e de xeito controlado, fomos pasando pola capela para pedirlle a María que nos acompañe e nos guíe neste curso tan complicado.

Agardamos poder volver a celebrar pronto este día tan especial para toda a comunidade educativa, todos xuntos.