O NOSO CENTRO VISTO DESDE TODOS OS ÁNGULOS

Publicada unha galería das principais instalacións do centro con fotos en 360º para que poidas visitalo como se estiveses aquí.

Grazas a Kodama Mediaworks xa temos dispoñible unha estupenda galería en 360º que lle vai permitir aos internautas que entren na nosa web facer unha visita inmersiva ao noso colexio. Fai click na imaxe e vai pasando de aula en aula e de instalación en instalación premendo na frecha que atoparás na porta de saída de cada estancia.