DEBATER E RAZOAR PARA GAÑAR

O alumnado de 3º e 4º da ESO participa no concurso ‘Parlamento Xove’, unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema de actualidade proposto pola organización.

Para facer fronte a esta competición o alumnado destes cursos lévase adestrando todas estas semanas con encontros para preparar ben o tema elixido, pois a dificultade do concurso reside en que só cinco minutos antes do debate saberán que postura terán que adoptar (a favor ou en contra) no tema seleccionado.

Cómpre, pois, prepararse a fondo e a experiencia está a ser moi gratificante para todos eles, pois todos xuntos traballan como un equipo na selección de información, nas argumentacións razoadas, na expresión oral e escrita e na orixinalidade á hora de enfocar o tema. Sen dúbida esta é unha ocasión de formarse máis aló das aulas baixo o paraugas do respecto, a tolerancia e a escoita. Dicía Víctor Hugo que ‘o que ben pensa, ben se expresa’ e eles estanse a preparar para cumprir esa máxima.