VISITA Á BIBLIOTECA DO COLE

Alumnos de segundo xa disfrutan dos novos cambios que aconteceron na biblio.

Despois de moito traballo, dedicación e sobre todo ilusión na remodelación da biblio, por fin, pouco a pouco, o alumnado do cole, pode admirar e sobre todo disfrutar deste espazo tan importante na vida escolar.
De momento, os primeiros en asistir á biblio foron os alumnos e alumnas de segundo de primaria.
Coñeceron a simpática mascota Cleo que lles presentou as novas instalacións e as normas que se deberán cumplir para poder disfrutar ao máximo da biblio. Cada neno e nena elixiu un libro de préstamo para levar a casa e finalmente Cleo obsequioulles cun agasallo moi especial.
Os nenos e nenas sairon da biblio entusiamados e de seguro que repetirán unha chea de veces.