APRENDENDO A COIDAR DOS NOSOS MELLORES AMIGOS

Estes días recibimos a visita dalgúns dos canciños da Protectora do Morrazo que apadriñamos recentemente coa campaña organizada no cole.

Os alumnos das diferentes etapas recibiron algunhas nocións básicas de como se debe tratar a un can e as obrigas e coidados que implica. Tamén tiveron a ocasión de comprobar, por parte da Policía Local de Cangas, a inmensa axuda que prestan algúns destes animais aos corpos de seguridade.