SEMANA DA CIENCIA: VISITA A CORUÑA

O alumnado de 3º ESO con motivo da Semana da Ciencia visitaron este luns os tres museos científicos da Coruña.

Empezaron mergullándose no submarino do capitán Nemo, no que gozaron das marabillas do fondo mariño coñecendo a Gastón, o tiburón touro que nada polas augas do Aquarium Finisterrae.

A visita continuou paseando pola contorna da marabillosa Torre de Hércules, único faro romano e o máis antigo en funcionamento do mundo para ir a continuación, a visitar a Domus, primeiro museo interactivo dedicado integramente ao ser humano.

Despois dun merecido descanso e coller forzas comendo na Domus, con vistas á praia de Riazor, dirixíronse á Casa das Ciencias, a cal ten a súa sede nun palacete situado no Parque de Santa Margarita. É un edificio de planta octogonal onde as súas salas están dedicadas a exposicións interactivas.

Tras empaparse de ciencia e pasar un día inesquecible, volveron a Cangas como verdadeiros científicos.