CONCURSO COCA-COLA NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO

Este xoves e venres tivo lugar no noso centro unhas probas dixitais para o concurso de relatos de Coca - Cola das que sairán elixidos os gañadores provincias e autonómicos. Moita sorte a tod@s!
O alumnado representante do noso centro realizou unha proba dixital na que @s participantes debían crear un relato curto a partir dun estímulo dado pola organización do concurso. Este concurso está promovido pola Fundación Coca-Cola, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. O certame busca o desenvolvemento da expresión escrita e a lectura en lingua galega e castelá entre o alumnado de segundo de ESO.