CHARLAS PLAN DIRECTOR

Hoxe asistimos á segunda charla para os alumnos pertencente ao Plan Director dedicada ás Adiccións.
Esta mañá volvemos contar no centro coa presenza dun especialista da Garda Civil quen impartiu unha charla aos alumnos de 5ºe 6º de EP e toda a ESO, sobre un tema tan importante como son as adiccións. O Cabo Ramón explicou de xeito didáctico e adecuándose ás distintas idades do noso alumnado, a problemática de mundo das drogas e as consecuencias persoais, familiares, escolares e incluso laborais que poden ter para as persoas que caen nunha adicción. Os alumnos/as tiveron a oportunidade de formularlle dúbidas e manifestar as súas inquedanzas, resultando unha charla-coloquio super enriquecedora para todos. Grazas á Garda Civil pola súa colaboración co noso centro educativo no proceso de formación integral dos nosos alumnos.