
Novas


REMANDO CARA Á IGUALDADE
Con motivo do día internacional da muller, os alumnos de 3ºESO participaron no IV CONCURSO DE CARTEIS.

8 M - DÍA DA MULLER
Con motivo do día internacional da muller, o alumnado de grupos Lestonnac realizou un significativo mural.

REPORTEIROS POR UN DÍA
Este curso a aula de Educación Especial foi seleccionada para levar a cabo o Plan Proxecta “Protexe os animais”. O programa ten como obxectivo concienciar a sociedade actual no respecto e na protección dos animais domésticos.

DEBATER E RAZOAR PARA GAÑAR
O alumnado de 3º e 4º da ESO participa no concurso ‘Parlamento Xove’, unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema de actualidade proposto pola organización.

MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS
A axuda entre iguais é un método alternativo de resolución de conflitos, onde existe un terceiro imparcial (o mediador ou mediadora) que colabora coas persoas involucradas no problema, axudándoos para que intenten atopar unha solución.

ENTREVISTA Á DIRECTORA DO CENTRO
No mes da Educación, Onda Cero Radio conversa con Clara I. Piñeiro.

"MATETUBERS"
Os alumnos de 6° de Educación Primaria convertéronse en "matetubers" na área de matemáticas.

O NOSO CENTRO VISTO DESDE TODOS OS ÁNGULOS
Publicada unha galería das principais instalacións do centro con fotos en 360º para que poidas visitalo como se estiveses aquí.

UN ENTROIDO DIFERENTE
Este venres 12 de febreiro celebramos un Entroido marcado pola situación sanitaria pero coas mesmas gañas de pasalo ben.

A PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS
Ante a imposibilidade de realizar un acto conxunto decidimos organizar actividades e plasmar o traballo nun panel e un vídeo de cada etapa.

QUE FACER AO REMATE DA ESCOLARIZACIÓN OBRIGATORIA?
A Orientadora imparte unhas charlas para o alumnado de 4º de ESO sobre as opcións académicas para o seu futuro.

NOVOS PANEIS INTERACTIVOS PARA ED. INFANTIL
O alumnado de 4 e 5 anos de Ed. Infantil leva o seu método ao entorno virtual grazas aos novos paneis interactivos instalados nas aulas.

BÚSCASE MASCOTA
Tedes ata o 1 de febreiro para enviar a vosas propostas de mascota para a biblioteca do noso colexio.

TODOS/AS SOMOS ÚNICOS/AS
Este 3 de decembro conmemoramos o Día da Discapacidade reflexionando sobre as distintas capacidades que temos cada un.

SOLIDARIOS COA POBREZA E A EXCLUSIÓN
Un ano máis colaboraremos con Cáritas dentro da súa Campaña de Nadal.

NON QUEDES DE BRAZOS CRUZADOS. ROMPE O SILENCIO
O alumnado de 4º de ESO participa hoxe no Día Internacional contra a Violencia de Xénero publicando un vídeo para sensibilizar aos máis novos sobre este tema.

UNHA NENA MARÍA CON MOITA "CORPAIXÓN"
Con moitas limitacións pero con máis emoción, se cabe, celebramos este 20 de novembro a festa da Nena María.

UN FERMOSO AGASALLO
Agradecemos enormemente a Fili e a María, avó e nai dunha alumna do noso centro, este fermoso agasallo que nos trouxeron esta mañá.

"COIDEMOS O NOSO"
Éste é o título do proxecto co que 6º de Primaria participa no programa de educación medioambiental Voz Natura, de La Voz de Galicia.

QUEN DIXO MEDO? ESTAMOS EN COMPAÑÍA
Este ano celebramos un Samaín diferente pero cheo de imaxinación, ledicia e, como non, cabazas e disfraces.

UN CLIC PARA O COLE
Se mercas en Amazon, agora podes colaborar co noso colexio entrando en www.unclicparaelcole.es e poñendo o código 36001008.

II CONGRESO INTERNACIONAL DE EDUCACIÓN INFANTIL
Celebrarase entre o 3 e o 5 de novembro de forma telemática.

PRIMEIRO DE PRIMARIA "APLICKASE"
Primeiro de Educación Primaria reforza o taballo de Inglés coas TIC.

REUNIÓNS DE PAIS/NAIS DE COMEZO DE CURSO
Debido á situación que estamos a vivir, este ano estas reunións cos titores de cada curso farémolas de xeito telemático a través de Google Meet.

NOVAS CONTAS G SUITE DO CENTRO
Estamos completando o proceso de implantación da plataforma de Google nos cursos para os que non estaba dispoñible.

INDICACIÓNS SOBRE O COMEZO DO NOVO CURSO 2020-21
Aspectos clave para este inicio de curso que toda a comunidade educativa debe coñecer.

COMEDOR 2020/21
Este ano, debido ás circunstancias, precisamos coñecer coa maior antelación posible o número de usuarios fixos de comedor. Por iso creamos un formulario de inscrición online que debedes cubrir no caso de estar interesados no servizo.

CALENDARIO E NORMAS PARA OS EXAMES DE SETEMBRO
Dada á situación actual o alumnado que acuda a estas probas debe seguir estas indicacións:

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS EN PRIMARIA
Esta publicación poderá consultarse desde hoxe no propio colexio.

COMPAÑÍA DE MARÍA DE CANGAS FINALISTAS DE GALICIENCIA
Por segundo ano seguido, os alumnos de 6º de Primaria logran chegar á unha final da feira científica Galiciencia.

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE SEGUIMENTO DE LIXOS MARIÑOS
Pablo Martínez, Paula Ríos e Carla Rodríguez presentaron este traballo de investigación no que leva traballando o alumnado de Bioloxía de 4º de ESO durante este curso.

LISTAXES DE ADMITIDOS E MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO
Acabamos de publicar as listaxes provisionais de admitidos e os prazos de matrícula para o curso 2020-21.

VIVINDO A FESTA DE SANTA XOANA DESDE OS NOSOS FOGARES
A festa de Santa Xoana deste ano estivo marcada pola pandemia provocada polo sars-cov-2 pero tamén polas nosas gañas de permanecer unidos e manter a chama acesa.

INDICACIÓNS SOBRE O REMATE DA 2ª AVALIACIÓN
Comunicado da Dirección do centro en relación á entrega de notas e atención aos pais e nais.

DESMONTANDO O COVID-19
O virólogo Estanislao Nistal (Profesor na Universidade San Pablo-CEU de Madrid) analizará para os alumnos de Secundaria as claves do coronavirus.

O UNIVERSO NA AULA
O alumnado de Física de 4º de ESO tivo unha sesión de Astronomía utilizando as ferramentas TIC.

ÁNIMOS NA DISTANCIA
Os nosos alumnos e alumnas demostran unha vez máis a súa fortaleza e o seu compromiso social nos momentos difíciles.

INDICACIÓNS EN RELACIÓN Á SUSPENSIÓN DAS CLASES POLO COVID-19
Neste apartado iremos actualizando toda a información relativa ás recomendacións de traballo para o noso alumnado durante a suspensión das clases.

CREANDO DEBUXOS ANIMADOS
O alumnado de 4º ESO de Plástica desexa compartir con vós algúns dos gifs animados creados durante as últimas clases.

ARQUITECTOS POR UN DÍA
O alumnado de 6° de Primaria tivo o privilexio de aprender a facer o plano do seu propio cuarto cun auténtico profesional.

PROGRAMA DE SEGUIMENTO DOS LIXOS MARIÑOS NAS PRAIAS DE CANGAS
Publicados os resultados do proxecto de investigación realizado polos alumnos de 4º de ESO da área de Bioloxía ao longo do ano 2019.

CERTAME DE CARTAS DE AMOR
O pasado 14 de febreiro o alumnado do centro participou no “Certame de Cartas e poemas de Amor” promocionado polo EDLG, para o día de San Valentín.

ESTE ENTROIDO PUXÉMONOS DE MODA
Coa temática das tribus urbanas desfilamos polo centro do noso pobo poñéndolle cor, música, humor e moitas gañas a este comezo de Entroido.

TI, QUE PEGADA DEIXAS?
Un ano máis unímonos á campaña da ONGD Mans Unidas coa celebración do Xexún Voluntario.

DUMBO CONTADO CON PICTOGRAMAS
Coa coordinación e os pictogramas da Aula de Educación Especial e as voces dos nenos e nenas de 3º de Primaria, elaboraron esta adaptación do conto "Dumbo" para facelo máis accesible.

VEN A COÑECERNOS!
O mércores día 12 de febreiro faremos unha Xornada de Portas Abertas ás 17:30h para que poidas coñecer de primeira man todo o que o noso colexio pode ofrecer.

A VACINA DO BO TRATO
Logo da reflexión nas aulas, toda a comunidade educativa xuntámonos para celebrar o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia tratando de buscar os mellores tratamentos para erradicar a violencia da nosa contorna.

CHARLA DAS FORZAS ARMADAS
Resultou unha charla moi interesante especialmente pensada para os nosos alumnos e alumnas de 4º de ESO.

MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS
A mediación entre iguais é un método alternativo de resolución de conflitos, onde existe un terceiro (alumno/a mediador ou mediadora) que colabora coas persoas involucradas no problema.

CAMPAÑA STOP ACCIDENTES
Daniela Cerqueira seleccionada entre os mellores traballos presetados no calendario anual conmemorativo da campaña Stop Accidentes promovida pola Fundación MAPFRE.

COMEZA A FUNCIONAR O COMPOSTEIRO DO CENTRO

UNHA MAQUETA DE POSTAL
Os alumnos de quinto de Educación Primara acadan o primeiro premio do concurso de Postais Navideñas da Navieira Mar de Ons.

NOVOS ORDENADORES PARA A AULA DE INFORMÁTICA
A ANPA do noso centro acaba de doar 22 equipos novos para completar a remodelación total desta aula.

IMPLICADOS NA PRESERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE
Este ano metémonos de cheo en concienciar ao alumnado e ao claustro dos problemas mediambientais.

DISTINTXS... SOMOS TODXS
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Desde o colexio foron distintas as actividades que se realizaron ó redor deste día.

ENTREGA DE PREMIOS: "CÍES O PARAÍSO DE TODOS"
As nosas alumnas Minerva Rueda e Daniela Collazo resultaron gañadoras nas súas respectivas categorias deste concurso que pretende promocionar as Illas Cíes.

NIN UNHA MENOS!
A proposta escénica das nosas alumnas: Alba, Paula, Sabela e Sara encandila ao público asistente ao acto Contra a Violencia de Xénero celebrado no auditorio de Cangas.

HOMENAXE A CASARES GIL
Os alumnos de Bioloxía de 4º de ESO renden tributo a Don Antonio Casares Gil no Centenario da publicación da súa obra "Hepáticas" (Madrid, 1919).

NENA MARÍA 2019
Este 21 de novembro celebramos, como en tantos e tantos lugares do mundo nos que a Compañía de María ten presenza, a Festa da Nena María.

ENCONTROS NA FESTA DE SAMAÍN
Un grupo de rapazas de 4º de ESO dramatizaron unha historia de momias para as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de infantil.

SAMAÍN 2019
Un ano máis, o noso alumnado abre a porta ó Samaín coas súas cabazas, disfraces e historias para non durmir.

COLABORACIÓN DAS FAMILIAS NA AULA
Aínda que recentemente iniciado, o curso escolar acada xa plena rodaxe, e con iso as aulas de infantil retoman unha vez máis a colaboración das familias na aula.

PROGRAMANDO O FUTURO
O noso centro participa estes días na Semana da Programación da Unión Europea con actividades para tódolos cursos.

DAMOS A BENVIDA AO OUTONO
Os nosos alumnos de 5° dan a benvida ao outono da man de Primitiva.

XORNADA SOLIDARIA
O 25 de setembro organizamos unha Xornada Solidaria para colaborar co proxecto da FISC "Estudiar en Dar es Salaam (Tanzania)".

THE MOST ACTIVE SCHOOL
O noso Colexio ven de recibir este importante premio no marco do III Encontro de Centros Innovadores da Zona Norte.

A NOSA PROFESORA, CONSUELO LAGOA, UNHA DAS CREADORAS DO NOVO MÉTODO DE SM PARA ED. INFANTIL
Estes días tivo lugar a presentación do novo método de Educación infantil da Editorial SM, chamado Castoria.

XOGA CON NÓS
Pon a proba a túa memoria e axilidade visual con este xogo programado polo alumnado de 4º na área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 4º DE ESO
O pasado 14 de xuño celebramos a festa de graduación dos alumnos maiores do centro.

RADIO "COMPA"
Un dos proxectos de TICO (Tecnoloxía das Ciencias de Información e Comunicación) en 4º ESO foi a creación dunha simulación de podcast de radio, empregando o software de edición de audio Audacity.

UNHA DESPEDIDA CON MOITO SABOR
Os rapaces e rapazas de Grupos Lestonnac celebran cunha merenda a finalización das sesións deste curso.

DESCUBRINDO OS MISTERIOS DA NOSA RÍA
Os alumnos de 5º de Primaria visitan a illa de San Simón.
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO
Publicada a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para libros e material escolar para o vindeiro curso 2019-20.

OS ALUMNOS DE 4º DE ESO COÑECEN O TRABALLO DA ARMADA ESPAÑOLA
Efectivos da Armada Española visitaron o noso centro coa intención de dar a coñecer o labor profesional das Forzas Armadas e indicar os pasos que teñen que seguir as persoas interesadas en unirse a estes exércitos.

COÑECENDO O TRABALLO DOS QUE LOITAN CONTRA OS INCENDIOS
Alumnos da Escola Taller Granxa da Rúa imparten un obradoiro teórico/práctico aos rapaces de 1º de ESO para dar a coñecer o seu labor contra os lumes.

DOUS NOVOS TALENTOS PARA A ESCRITURA
María Barreiro e Uxía Fernández resultaron gañadoras polo sector de Pontevedra do certame literario que convoca Coca Cola todos os anos, co fin de fomentar a creatividade literaria entre os alumnos e alumnas de 2º de ESO.

EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA
Por terceiro ano consecutivo os alumnos e alumnas do noso colexio sumáronse á celebración do Día da Educación Física na Rúa.

UN ACUARIO EN EDUCACIÓN ESPECIAL
A aula de Educación Especial converteuse por uns días nun acuario.

O EQUIPO EDLG ORGANIZA O DÍA DO LIBRO EN TODO O CENTRO
Con motivo da celebración do “Día do Libro” o pasado martes 23 de abril, o EDLG elaborou un panel onde todo o alumnado pegou, un anaco de papel cun refrán ou dito popular galego. O panel atópase na entrada do colexio, á vista de todos.

DÍA DO LIBRO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Como colofón das actividades levadas a cabo ó longo deste mes en relación á conmemoración do día do libro, os alumnos de educación infantil realizaron diferentes saídas.

EXCURSIÓN DE CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Cuarto de Educación Pirmaria visita as instalacións de Clesa e da Área Recreativa do Río Barosa en Barro.

A LIGA REUMATOLÓXICA GALEGA VISITA O CENTRO
Esta martes día 9 de abril, a Liga Reumatolóxica Galega visitou o noso centro para sensibilizar e achegar ó alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria a Artrite Idiopatica Xuvenil, unha enfermidade bastante descoñecida, pero que afecta a un de cada tres rapaces menores de 16 anos.

COÑECENDO O LABOR DOS QUE VELAN POLA NOSA SEGURIDADE
Este xoves os alumnos do noso colexio tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o labor que realiza o corpo da Garda Civil.

DÍA INTERNACIONAL PARA A CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO
O día 2 de abril unímonos a esta campaña decorando o noso Colexio con globos azuis e realizando o símbolo de infinito escollido como lema este ano.

PROGRAMA DE SEGUIMENTO DE LIXOS MARIÑOS NAS PRAIAS DE CANGAS
Hoxe damos a coñecer os resultados dun proxecto de investigación realizado polos alumnos de 4º de ESO da área de Bioloxía ao longo do ano 2018.

QUINTOS VISITAN CAMPOLAMEIRO
Os alumnos de quinto de Educación Primaria celebraron do mellor xeito posible a chegada da primavera nun entorno privilexiado: "O Centro de Interpretación de Arte Rupestre" en Campo Lameiro.

POR FIN CHEGOU A PRIMAVERA!
O seu primeiro día converteuse nun momento de observación e experimentación para o noso alumnado de Infantil.

INAUGURAMOS PRESENZA EN INSTAGRAM CON ENORME ÉXITO
Na primeira semana a nosa conta nesta rede social (ciamariacangas) acumula xa máis de 200 seguidores!

REMATA A FORMACIÓN EN TECNOLOXÍA EDUCATIVA DESTE CURSO
O profesorado do centro estivo seguindo durante este curso un extenso programa formativo en Tecnoloxía Educativa (Edtech) que rematou o pasado xoves coa entrega de diplomas.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Este pasado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, conmemora a loita da muller pola súa participación, en igualdade de oportunidades ante o home, na sociedade e no seu desenvolvemento persoal.

PREMIADOS NO CERTAME DE CARTAS DE AMOR
Nesta edición contamos cunha numerosa participación de alumnos, se o comparamos con anos anteriores.

UN PASAPALABRA MOI NOSO
O alumnado de 4ºA de Educación Primaria elabora e xoga a un Pasapalabra moi especial.

VEGALSA COAS MANS NA MASA
Os alumnos de 3º de primaria do Colexio Compañía de María de Cangas recibiron onte a visita de Vegalsa Eroski para levar a cabo o obradoiro de alimentación saudable baixo o lema “come rico, vive san”, enmarcado dentro do proxecto de Faro da Escola.

PRAZO DE NOVAS ADMISIÓNS PARA O CURSO 2019-20 E XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
O prazo de novas admisións para o vindeiro curso 2019-2020 no noso centro será do 1 ao 20 de marzo. Xornada de Portas Abertas o venres 15 de febreiro ás 17:30h e Xornada de Aulas Abertas o venres 22.

ESTE ENTROIDO CONVERTÉMONOS NO MELLOR DOS MUSEOS
Este ano percorremos as rúas de Cangas como "auténticas" obras de arte.

UNHA XORNADA A PROL DOS DEREITOS DA MULLER
Dentro das actividades de educación na solidariedade que traballamos ao longo do curso, unímonos á campaña de Mans Unidas "A muller do século XXI"

ANXO FARIÑA CÓNTANOS A SÚA HISTORIA
O noso alumnado de 4º de primaria descubriu moitas curiosidades acerca dos Megatoxos, ata o momento da saga máis longa escrita en galego.

BURBULLAS DE PAPEL
Moi visual e plástica mañá de aprendizaxe a que viviron os alumnos de Educación Infantil do colexio coa compañía Múcab Dans en Vigo.

CHARLA CIBERBULLYING
O 5 de febreiro e coincidindo co Día Internacional da Internet segura, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria recibiron unha charla do psicólogo Javier Lago sobre ciberbullying.

CONCURSO DE CARTEIS PARA O CERTAME DE CARTAS DE AMOR
Este curso, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, organizador desde hai uns anos do Certame de Cartas de Amor, convocou un concurso de carteis entre os alumnos de 3º e 4º de ESO para impulsar dito Certame.

A CADEA DA PAZ
A Xornada Escolar pola Paz culmina cunha longa cadea con centos de desexos e símbolos contra a violencia e a discriminación.

THEATRE AT THE AUDITORIUM
Os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria desprazáronse ao Auditorio de Cangas para asistir á obra teatral en inglés Ghost Train.

DE CANGAS A KENTUCKY
Esta semana viaxamos ata os Estados Unidos da man do noso compañeiro Matteo, natural de Kentucky.

VÓS TAMÉN ACHEGADES!
Unha vez máis, o noso agradecemento e felicitación aos pais de alumnos que nos visitaron e colaboraron connosco nas aulas de Ed. Infantil ao longo deste trimestre.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Unha pequena representación do colexio, quixo este día tan especial, unirse a unha concentración realizada en Vigo que tiña como lema “Baixo o mesmo paraugas”.
UNHA PORTA ABERTA Á ESPERANZA
3º e 4º de ESO participaron este 23 de novembro na xornada contra a violencia de xénero organizada polo Concello de Cangas.

CONSELLO DA INFANCIA 2018
O Consello da Infancia retoma a súa andadura neste curso 2018-2019.
FESTA DA NENA MARÍA
Como cada 21 de novembro no noso Centro, e en todos os que a Compañía de María ten espallados polo mundo, celebramos o Día da Nena María.
AS RAPAZAS TOMAN A PISTA
As alumnas de Secundaria organizan un torneo de fútbol sala con representantes de tódalas aulas.

TEATRO E MAXIA CHAMAN A ATENCIÓN DOS MÁIS PEQUENOS DO COLEXIO
A compañía de teatro Colorín-colorada presentou para os alumnos de Educación infantil “O mono que quería ser meigo” .
A ELITE DO BALONMÁN UN ANO MÁIS
Un ano máis a elite do balonmán nacional estivo introducindo aos nenos neste deporte.

PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO "CIES PARAISO DE TODOS"
Premio á creatividade para Iván Costas Gil, alumno de Segundo de Educación Primaria..

OFERTA DE NOVAS DATAS PARA OS EXAMES DE OXFORD
Xa temos as datas para os exames de Oxford Test Of English no noso centro para o vindeiro ano 2019.

II ENCONTRO PROVINCIAL DE GRUPOS LESTONNAC
A fin de semana do 26, 27 e 28 de outubro, os rapaces de Grupos Lestonnac asistiron a un gran acontecemento en Madrid.

SAÍDA CULTURAL NA CIDADE DE VIGO
O pasado xoves 11 de outubro, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria pasaron o día en Vigo.

INTERIORIDADE PARA FAMILIAS
Unha nova sesión de Interioridade para as familias deixa moi bo corpo ós asistentes.

FESTA DE SAMAÍN
Como cada ano, os membros do EDLG encargáronse da preparación do Día do Samaín involucrando a todo o alumnado, profesorado e familias na celebración desta festa.

BUSCANDO FADAS NO BOSQUE ENCANTADO
Un pequeno lugar con recunchos case de conto, capaz de espertar curiosidade e un pouco de expectativa máxica nos máis pequenos do cole : O “bosque encantado “ de Aldán.

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
Os primeiros cursos de Primaria participan no Día Internacional das Bibliotecas na Casa da Cultura.

VISITA Á CIDADE LÁMBRICA
Os alumnos de 3º fixeron a primeira excursión do curso a terras de Ourense: Ribadavia e Castro de Lás.

MERGULLADOS NA HISTORIA
O alumnado de 4º de ESO percorre, na súa primeira excursión deste curso, Celanova, Bande e as termas de Outariz, combinando cultura, paisaxe, historia e lecer.

"COMIGO, CONTIGO EN COMPAÑÍA"
Iniciamos o curso querendo vivir o valor da acollida: “Comigo, Contigo en Compañía” é o lema escollido por tódolos colexios da Compañía de María de España.

COÑECENDO A NOSA CONTORNA: SANTA MARÍA DE DARBO
O pasado venres 28 de Setembro os nenos e nenas da terceiro de primaria recibiron ó outono cunha visita a Santa María de Darbo.
A COMPAÑÍA DE MARÍA PRESENTA O SEU NOVO PROXECTO PEDAGÓXICO
O novo modelo pedagóxico Signa foi presentado por primeira vez a nivel internacional en España para os Directores Titulares dos seus 22 centros.
BROCHE DE OURO PARA O REMATE DESTE CURSO 2017-2018
Xornada para a lembranza de 42 familias do centro que xuntas, no idílico paraíso das Illas Ons, puxeron punto e final ó presente curso 2017-2018.
UNHA NOVA PROMOCIÓN QUE SE DESPIDE DO COLEXIO
Numerosos familiares e profesores acompañaron ás alumnas e ós alumnos de 4º de ESO no acto da súa despedida.

UNHA DESPEDIDA DE CURSO POR TODO O ALTO EN INFANTIL!
Todos os alumnos desta etapa (3, 4 e 5 anos) disfrutaron moito na súa última saída deste curso. Todos eles participaron nunha xornada de convivencia chea de ilusión, novos descubrimentos e moitos xogos, nun fermoso entorno natural.

VISITA FORMATIVA DO IES PARALAIA
Hoxe recibimos unha visita especial nas aulas de 4º de E.S.O. Ante a xa inminente chegada do fin de curso e de etapa dos nosos alumnos maiores, xúrdenlles moitas dúbidas sobre o seu futuro máis inmediato.
VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN
Grande o día para o recordo o que viviron os alumnos de 5º de Educación Primaria, acompañados polos alumnos de Educación Especial, na Illa de San Simón

FESTIVAL FIN DE CURSO 2018
Os días 18 e 19 de xuño teremos o Festival de Fin de Curso no salón de actos do Colexio a partir das 16:30h. Nesta ocasión coa temática dos anos 90.
DESCUBRINDO O PERGAMIÑO VINDEL
Este ano aconteceu un feito histórico: o Pergamiño Vindel voltou a Galicia e no Colexio quixemos aproveitar esta inmellorable ocasión para estudar e dar a coñecer esta xoia da poesía medieval do século XIII.

MENUDO PRIVILEXIO!
Toda unha emoción para os máis pequenos a de coñecer ó autor dalgúns dos contos lidos ó longo deste curso na súa clase.

XOGANDO COS AROMAS
Unha nova e moi enriquecedora colaboración familia - escola en Educación Infantil

VI MARCHA SOLIDARIA
Este vindeiro sábado día 2 de xuño ás 10h saldremos la Alameda Vella de Cangas cara Liméns na VI Marcha Solidaria.
COLABORACIÓN DAS FAMILIAS EN TERCEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARA
Rematan as actividades de colaboración das familias co Centro na aula de terceiro de Educación Primaria.

FINALISTAS DO CONCURSO MATEMÁTICO PANGEA
Nove alumnos do noso centro foron finalistas entre preto de 12000 participantes de toda España, obtendo uns resultados destacados na primeira fase do concurso matemático Pangea celebrado no mes de abril no noso centro.

IVÁN NOVEGIL CANCELAS PREMIO EXTRAORDINARIO DE EDUCACIÓN
Iván Novegil Cancelas, que rematou a etapa de Secundaria obrigatoria no noso Centro o curso pasado, resultou gañador dun dos premios outorgados pola Consellería de Educación ao rendemento académico.

RESUMO DAS FESTAS DE SANTA XOANA
Celebración, competicións, xogos, música e moita diversión nestas Festas de Santa Xoana 2018.
MENUDOS CHEFS E AXUDANTES DE COCIÑA
Avós, avoas e alumnos de educación infantil veñen de celebrar unha nova “Semana dos avós” que chegou xa a súa 18ª edición.

4º DE ESO DE EXCURSIÓN POR MADRID
Madrid foi o destino elexido polo alumnado de 4º de ESO para vivir a súa última excursión no Colexio.

INTERIORIDADE COS MÁIS PEQUENOS
Educamos a interioridade e as emocións cos alumnos máis pequenos.
CONTO "A FESTA NO FAIADO"
O Día das Letras Galegas 2018 está adicado a escritora María Victoria Moreno.
ESTUDO DOS LIXOS MARIÑOS NAS PRAIAS DE CANGAS
O alumnado de Bioloxía de 4º de ESO coordinados polo seu profesor, Joaquín Álvarez García, ven de realizar un estudo dos lixos mariños nas praias de Cangas.

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Este luns 23 de abril celebramos , un ano máis, o Día do libro. Nesta data conmemórase desde 1926 ,o falecemento de eminentes escritores como Cervantes ou Shakespeare.
DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA
Nunca facer deporte foi tan divertido. Os alumnos de 2º 4º e 6º de Educación Primaria participaron por segundo ano consecutivo na celebración do “Día da actividade física na rúa”.
A ESCRITORA LEDICIA COSTAS ACHEGA A LITERATURA ÓS ALUMNOS DA ESO
O martes 10 de abril, tivemos o pracer de contar un ano máis coa presenza da escritora Ledicia Costas no noso centro.

OS XORNALISTAS DE 6º
Os alumnos de Sexto estudaron o tema das noticias converténdose en verdadeiros profesionais dos informativos.

UNHA VOLTA POLA VILA
O pasado martes 20 e mércores 21 os nenos e nenas de primeiro e segundo de Educación Primaria fixeron una pequena visita guiada polos rincóns máis emblemáticos da nosa vila.

O RETO DE DON DINO
O alumnado de 4º de ESO elabora na área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación un xogo con Scrach.

VISITA Ó MUSEO MASSÓ
Interesante visita ó Museo Massó en Bueu, realizada polos alumnos de terceiro de Educación Primaria.
MAREA AZUL POLO AUTISMO
O Colexio engalanouse de azul neste día gris para celebrar o Día do Autismo.

A RADIO DE INFANTIL
Inusuais “locutores de radio” na aula de Educación Infantil 5 anos coa colaboración de Roberto, pai dun dos alumnos, dentro da unidade sobre os medios de comunicación.

COAS MANS NA MASA
O pasado venres 16 de marzo os nenas e nenos de segundo de primaria asistiron a uhna clase moi nutritiva.
UNHA TARDE CON OLI
José Manuel González (OLI) visita, un ano máis, ós nosos pequenos lectores.

CONCURSO DE RALATO CURTO "COCA-COLA"
7 alumnas de 2º de ESO participaron na 10ª e 58ª edición en Lingua Galega e Lingua Castelá respectivamente.
OXFORD ELIXE AO NOSO COLEXIO PARA ACREDITAR O NIVEL DE INGLÉS NO MORRAZO
Responsables da Universidade de Oxford entregan a acreditación como centro examinador de "Oxford Test of English" á Dirección do noso Centro.

CONTACONTOS PARA OS MÁIS PEQUENOS!
Axente riciños! O contacontos Iago López dalle un novo enfoque ao conto "Riciños de ouro" para os pequenos do Colexio.
O MAGO PACO E A MATEMAXIA NO DÍA DE "PI"
O Mago Paco visitounos este pasado mércores dentro das actividades progamadas polo Concello de Cangas na celebración do día internacional da consatante "PI".

XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
Ata o día 20 de marzo está aberto o prazo de solicitudes de admisión no noso Centro para o vindeiro curso 2018-19.

ASÍ SON EU!
A aula de Educación Infantil 3 anos, ten ó longo de todo o curso as portas abertas á participación dos pais dentro do programa “Protagonista da semana”.
COMPARTINDO O QUE IMPORTA
Unímonos á campaña de Mans Unidas interesándonos polas causas da fame, reflexionando nas aulas sobre este grave problema e colaborando economicamente con esta ONG compartindo un boliño de pan na hora do recreo.

AS MAQUETAS APODÉRANSE DAS AULAS
Representar a realidade a través dunha maqueta ou dun diorama nunca foi sinxelo. Profesores, alumnos e familias fan un alarde de creatividade e bo facer .

PAPIROFLEXIA MODULAR E CONSTRUCIÓN COLABORATIVA
Dentro da área de Educación Plástica Visual e Audiovisual, os alumnos e alumnas de 3º de ESO, levaron a cabo a construción dun cubo infinito que nos lembra, ao manipulalo, á maxia dun caleidoscopio.
O ENTROIDO MÁIS CÓMICO
Este ano desfilaron polo Colexio os mellores personaxes de cómic de tódolos tempos.

VISITA DO MECO
O venres recibimos a visita do Meco, que se encargará durante toda esta semana de deixarnos mandatos para cumprir cada día e disfrutar, dun xeito divertido, dos días previos ó entroido.
ESPERANZA DE PAZ
Na Xornada Escolar pola Paz unímonos toda a cumunidade educativa para lanzar un berro de esperanza.

SAÍDA Á BIBLIOTECA
Os alumnos de terceiro de Educación Primaria achegase a un dos espazos máis ricos en cultura do Concello.

SEXTO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Sexto de Educación Primaria respira aires da capital galega.
PRÁCTICAS DE QUÍMICA NA ESO
Como parte fundamental da área de Física e Química os alumnos e alumnas realizan diferentes experiencias no laboratorio nas que poñen en "práctica" os conceptos aprendidos na aula.
CONSELLO MUNICIPAL DA INFANCIA
O noso colexio participa e faise escoitar no Consello Municipal da Infancia que o Concello puxo en marcha hai uns días.

SEGUNDO PREMIO NO CERTAME DE BELÉNS
Quinto curso e o seu belén presentado no certame do Concello acadan o segundo posto.

NOVAS TECNOLOXÍAS EN EDUCACIÓN ESPECIAL
A aula de Educación Especial refórzase con tables que permiten o uso de aplicacións orientadas á aprendizaxe significativa.
SABER ACTUAR PODE SALVAR VIDAS
3º e 4º de ESO comezan o novo trimestre con charlas sobre primeiros auxilios.

SESIÓNS MOI APLICADAS
Repasar en clase é cuestión de ser aplicados no emprego das novas tecnoloxías.
A EDUCACIÓN UN PARAUGUAS FRONTE A VIOLENCIA MACHISTA
Logo do traballo realizado nas titorías polo alumnado de Secundaria unímonos á campaña #EnNegroContraAsViolencias

DE EXCURSIÓN POLOS MUSEOS DE CORUÑA
Os alumnos de 3º da ESO pasan un bonito día visitando os museos científicos da Coruña.
NENA MARÍA 2017
O martes día 21 celebramos no Colexio a Festa da Nena María, unha tradición con máis de 400 anos de historia.

UNHA LONGA VIAXE A TRAVÉS DA MÚSICA
Un percorrido polas músicas do mundo nun concerto en directo para Infantil, 1º e 2º de Primaria

UN CURSO INTENSO PARA 4º DE SECUNDARIA
Excursión polo sur de Ourense, taller de fotografía, sesión de interioridade ou participación na campaña de sensibilización contra a violencia de xénero son un bo exemplo do que están a facer os maiores do cole.

UN SAMAÍN DE MEDO
Un ano máis os disfraces terroríficos, os doces típicos, as cabazas, os trucos e os tratos estiveron moi presentes na tarde de Samaín do colexio.
VISITA Ó MUÍÑO DE FAUSTO
Unha saída para disfrutar da nosa natureza máis autóctona e dos muíños de Coiro.

CONVIVENCIA DE GRUPOS LESTONNAC
O sábado 28 de outubro, Ferrol foi o punto de encontro de 350 alumnos dos colexios da Compañía de María da Coruña, Santiago, Vigo e Cangas, ademais dos pertencentes aos dous centros da cidade: Compañía de María e Lestonnac, que foron os organizadores.

SANTA MARÍA DE DARBO
Terceiro de Educación Primaria visita un dos enclaves romeiros máis emblemáticos da nosa cultura Canguesa.

A CONTORNA DE SAN ROQUE
Sexto de Educación Primaria contempla un dos mellores puntos de vista da nosa vila.
UN DÍA QUE VALE UN PREMIO
Unha saída que ademais de ser especial é o froito dun traballo ben feito.

DESCUBRINDO O OUTONO
Cantas emocións reflexadas nas caras dos nenos de infantil na súa primeira excursión do curso!

SAÍDA ESPECIAL Á BIBLIOTECA
A aula de Educación Especial visitou as instalacións da Biblioteca Municipal do Concello de Cangas.

UNHA NOVA COMPAÑEIRA PARA 4 ANOS DE INFANTIL
Este curso, a clase de 4 anos ten unha nova compañeira, MINA.
Mina é travesa , moi divertida e acompañará ós alumnos durante todo o curso. Con ela seguro que vivirán aventuras inesquecibles.

XIII SEMANA DO CINECLUBE EN CANGAS
Comezado o curso e pasadas as probas de avaliación inicial os alumnos de quinto e de sexto de Educación Primaria asisten a un pase do Cineclube moi enriquecedor.

ASÍ DA GUSTO COMEZAR UN NOVO CURSO!
Aulas cuidadosamente decoradas e actividades pensadas para favorecer a integración e coñecemento mutuo, con especial atención ao alumnado de nova incorporación, marcan este inicio de curso 2017-18 nas diferentes etapas.
LEMBRANZAS E EMOCIÓNS NA DESPEDIDA DE 4º DE ESO
O alumnado de 4º de Secundaria despediuse do Colexio lembrando os mellores momentos vividos durante estes anos.
UNHA EXCURSIÓN ESPECIAL
A aula de Educación Especial coñece desde dentro os diferentes tipos de transportes.