Ed. Infantil inicia o seu traballo de titorías

O vindeiro venres 4 de novembro os alumnos de Educación Infantil empezarán o seu labor máis esperado

ser protagonistas da semana.

Este curso os personaxes Pam, Mina e Turi acompañarán aos nenos aos seus fogares para poder vivir e compartir experiencias e emocións que logo serán plasmadas nos libros/tarefas correspondentes a cada curso (3, 4 e 5 anos).

Esperamos que gocen desta actividade e que pasen grandes momentos en familia.