SOÑAMOS COA PAZ

Soñamos cun planeta en harmonía entre as xentes e Paz entre os pobos. 


O luns 30 de xaneiro expresamos, todos xuntos, os nosos soños de Paz. Eran ás 11:15 da mañá cando alumnos/as, familias e profesorado xuntámonos no pavillón do centro para celebrar o Día Escolar pola Paz.

Os nenos e nenas portaron mandalas pintados por eles e foron colocando en tres paneis unhas mans decoradas coas que formaron un fermoso bosque.

 

Para rematar leuse un manifesto no que expresamos os soños de Paz de toda a comunidade educativa.