A IMPORTANCIA DE SABER ACTUAR

 

Saber actuar nos primeiros momentos dunha situación de emerxencia pode salvar vidas. Por este motivo todo o profesorado do centro participamos nunha sesión de formación en primeiros auxilios da man de Protección Civil de Cangas.

Como actuar ante un atragantamento, unha fractura ou aprender a practicar un RCP foron algúns dos contidos abordados nesta interesantísima sesión formativa.

Os voluntarios de Protección Civil presentáronse no colexio con todo tipo de material para facer unha sesión eminentemente práctica co obxectivo de que todo o profesorado coñeza perfectamente como proceder nestas situacións o que pode significar a diferenza, nunha situación extrema, entre a vida ou a morte.

Desde o colexio queremos agradecer de forma moi especial aos voluntarios de Protección Civil de Cangas por compartir con nós o seu bo facer.