COMPROMETÉNDONOS COS QUE PASAN FAME

Un ano máis unímonos á campaña de Mans Unidas coa celebración do Xexún Voluntario como forma de sensibilización cos que pasan fame no mundo.

O venres 17 de febreiro participamos nesta campaña que este ano ten por lema "O mundo non necesita máis comida, necesita máis xente comprometida" compartindo, como xesto simbólico, un boliño de pan. Deste xeito sentímonos máis cerca dos que non teñen para comer.

Todo o recaudado con esta iniciativa enviarase a Mans Unidas.

Tedes máis fotos desta nova na galería común.