XOGANDO A DISFRAZARNOS

Logo de varios días (nalgúns casos semanas) de preparación demos hoxe o “pistoletazo” de saída a este tempo de diversión do Entroido co desfile do colexio, este ano dedicado ao fantástico mundo dos videoxogos.

En primeiro lugar presenciamos o desfile de todos os cursos: Infantil, 1º de EP, 2º EP, 3º EP, 4º EP, 5º EP, 6º EP, 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO , 4º de ESO e finalmente a Anpa; tralo cal deron comezo as actuacións.

A primeira actuación protagonizouna Educación Infantil disfrazados de Comecocos, acompañados de Packman e as súas pantasmas.

A continuación os alumnos de 1º e 2º de Primaria convertidos en Super Mario, fixeron todo o posible para acadar o maior número de moedas.

Tocoulles logo a 3º e 4º de Primaria que nos deleitaron cunha simpática coreografía de Angry Birds. Aínda que estes famosos paxaros teñan cara de enfadados, resultaron ser moi divertidos.

Continuaron os maiores de Primaria. 5º e 6º entraron na pista disfrazados de Tetris amosando as súas dotes artísticas cunha indumentaria na que investiron moito tempo e traballo.

Este ano contamos cunha presenza moi especial. Os representantes da Anpa do colexio participaron con nós disfrazados de Solitarios. Para que logo digan que ser da Anpa é moi aburrido!

E chegou o momento dos alumnos de Secundaria:

Os de 1º e 2º de ESO, disfrazados de Just Dance, fixéronse donos da pista de baile. Prepararon unha estupenda coreografía cos grandes éxitos deste coñecido videoxogo.

E para rematar o noso patio converteuse nunha enorme Pokeparada. Ash Ketchum, Misty e Brock viñeron acompañados de Picachu, Charmander, Srquirtell e Speon para protagonizar un combate que rematou nunha explosión de confeti.

Coma sempre queremos agradecer a todo o público a súa asistencia e felicitar a todos, alumnos e profesores pola imaxinación e traballo realizado durante estes días para que o Entroido Compañía de María se convirta un ano máis nun referente.