ENQUISA DE DESENVOLVEMENTO HUMANO

Desde a Equipa de Pastoral convidan a tódalas familias a participar nesta enquisa de Desenvolvemento Humano.

Desde o noso colexio queremos medir o Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) do contexto próximo (barrio ou área de influencia do colexio), polo que vos pedimos que de forma anónima respondades a esta enquisa aquí ou accedendo ao enlace que figura na circular.

Esta enquisa forma parte dun estudo que se enmarca dentro do proxecto Identidade Cosmopolita Global, que a Compañía de María está levando adiante en todos os seus centros educativos do mundo.

Moitas grazas pola vosa colaboración!