DESTINO: LONDRES

Os alumnos de 4º da ESO levan parte da cultura da  vila de Cangas ata Reino Unido.

Excursión fin de curso, fin dunha etapa. Os alumnos de 4º de ESO despídense da súa andaina no colexio da mellor maneira posible: cunha magnífica viaxe a Londres, preludio da nova vida que a partir do curso que vén se abre ante eles.


Alumnos de 4º de ESO, acompañados de dous profesores, están pasando cinco intensos días na City de Londres. Nestes días aproveitarán para visitar os lugares máis emblemáticos: O Big Ben ,Buckingham palace, a abadía de Westminster , as vistas desde o Támesis, London Eye… e facer compras por Candem town, Oxford Street ou Covent Garden. Tamén se empaparán de cultura visitando os grandes museos, como o Museo de Historia Natural e a National Gallery.
 Esta viaxe, que foi preparada con moito agarimo e ilusión por alumnos e profesores, conta con dous obxectivos principais:

 

  • Coñecer Londres, a súa cultura e practicar a lingua inglesa. Para iso os alumnos alóxanse en casas particulares onde poñen a proba a súa competencia en lingua inglesa en contextos comunicativos básicos.

 

  • Dar a coñecer o Morrazo fóra das nosas fronteiras. Para logralo os alumnos obsequiaron as familias con folletos explicativos na lingua de Shakespeare sobre a vila de Cangas,as danzas ancestrais (Danza e Contradanza de Darbo, San Roque do Hío e San Sebastián de Aldán) e o parque Nacional das Illas Atlánticas..

 

Agardamos con emoción a súa chegada para que nos conten as súas experiencias!