EDUCACIÓN INFANTIL ESTREA MASCOTA

Con motivo do Día do Libro en Educación Infantil estreamos mascota na nosa biblioteca de aula.

Despois de moito tempo o noso amigo o Polbo Patas regresa ao noso colexio para acompañarnos e contarnos as aventuras que viviu nas diferentes bibliotecas de colexios de todo o mundo.

Foi un magnífico reencontro acompañado de sorpresas que motivarán aos nosos alumnos e espertarán o seu interese pola lectura.

Benvido Polbo Patas!