LAURA E ADRIÁN FINALISTAS DAS REGUEIFAS

"Regueifando no Morrazo" foi o título dos obradoiros de poesía improvisada promovidos polas concellerías de Cultura e Normalización Lingüística dos concellos de Moaña, Cangas e Bueu e dirixidos por Luís o Caruncho e Pinto d´Herbón.

Neles participaron os nosos alumnos de 2º de ESO, dos cales  despois de dúas sesións de traballo feitas durante o mes de abril, escolleron a seis representantes para regueifar cos demais centros escolares do Morrazo.

A final celebrouse o día 3 de maio no Auditorio de Cangas e resultaron finalistas do noso centro: Laura Rodal Viñas e Adrián Pastoriza García.

Parabéns a todos os participantes!

Nova do evento en Faro de Vigo